Un home enfermo, na fin da súa vida, desenganado de todo, escoita osrelatos terribles e badocos que para pasar o tempo lle contan oscompañeiros de doenza -unha manda de lobos en procura do seu propiodesamparo-. Simultaneamente, lembra e debulla a súa peripecia. Concinismo e sarcasmo, o protagonista relata a historia da súa postración e soidade, do enclaustramento na súa casa de campo asistido pormonxas mentres é arrastrado por ese vento que leva inevitablemente atodo mortal e un final inxusto. Velaquí a historia dun home atado a si mesmo, dun ser atravesado que soamente posúa unha certeza, aconstancia dos seus erros. Un narrador escéptico e sagaz para quen asabedoría é ao tempo condena e salvación.Ás veces obscena, outras dunha ironía clarividente, o ton confesionaldesta novela de Alfredo conde fai abrollar a farsa cruenta da vida.Unha farsa que, dosificada, acaba por tinguilo todo cun aquelpatético, absurdo e, precisamente por iso mesmo, verdadeiro. Unhaesaxeración propia dun vello consentido.