Un álbum sobre a amizade e o poder transformador da palabra e da imaxinación. Laura contaba historias incribles. Ninguén a cría agás Omar, un rapaz reservado e melancólico que botaba en falta a súa casa e o seu país. 'Queres volver velo ' preguntoulle Laura un día. 'Esta tarde, agarda por min na parada do tranvía ás tres en punto.' Xuntos iniciaron unha viaxe extraordinaria. Di Michèle Petit en 'Os libros e a beleza' que a arte e a literatura, tanto escritas como orais, poden restaurar a paisaxe e facer habitables lugares hostís. Nesta historia, os protagonistas comparten algo máis que tempo e amizade, embárcanse nunha viaxe a través da palabra atravesando paisaxes fantásticas, quizais novas, quizais ocultas en recunchos recónditos do subconsciente. As ilustracións realistas e cheas de detalles de Federico Delicado amplían os significados do texto de Guia Risari acentuando esta proposta próxima ao surrealismo.